30/4/18

O MAIO DE INFANTIL

As/os nenas/os de Infantil fixemos un Maio do máis orixinal: unha estrutura de cartón con decoración en papel. Cada curso encargouse dun elemento:
  • 3 anos: as laranxas.
  • 4 anos: os ovos.
  • 5 anos: os pampullos.

As/os nenas/os de 4 anos fixemos os ovos e para iso fumos á clase da profe Nere onde traballamos en cooperativos cos nosos compis. Por parellas decidimos quen empezaba e quen continuaba e así sucesivamente ata rematar as nosas tiras de ovos.

Cando todas/os rematamos, decoramos o Maio.
Aí ven o Maio!!

No hay comentarios: