Por mor das Letras Galegas e aproveitando os recursos da vila, apuntámonos a un Roteiro organizado polo SNL do concello. A finalidade dos mesmos é dinamizar o uso da lingua galega entre nenas e nenos facendo un percorrido guiado polo centro histórico da cidade na nosa lingua.
Ás 12:00 quedamos con Roberto, guía do roteiro, na Praza da Peregrina e así comezamos o noso percorrido. Roberto falounos en cada unha das prazas dos distintos gremios que traballaban nelas e de aí veñen os seus nomes.
Praza da Peregrina.
Pasamos tamén pola Praza da Ferrería onde antigamente traballaban os ferreiros.
Praza da Estrela.
Casa das caras: antigo edificio de correos.
Praza da Leña ao fondo.
Canón antigo.
Praza da Verdura.
Estatua de Valle Inclán.
Praza e Fonte do Tornos.
Mesmo practicamos "levar auga" como facían antigamente.
Igrexa de San Bartolomeu.
Pazo de Mugartegui co reloxo de sol.
Praza da Pedreira.
E ata aquí a nosa visita guiada pola zona vella, despedímonos de Roberto e voltamos ao colexio.
Moitas grazas a Roberto e ao SNL do concello!
No hay comentarios:
Publicar un comentario