Hoxe visitamos o Ganapán: espazo infantil sito no Mercado de Pontevedra. Alí nos esperaba Ruth para facer unha visita guiada polo mercado.
O primeiro que visitamos foi unha carnicería onde miramos: corazón de vaca e de porco, tripas, unto, fígado, ...
O segundo foi un posto onde Manoli nos mostrou varios tipos de peixe. Algúns os coñeciamos pero outros non.
O terceiro que miramos foi un posto de marisco... e por suposto, algúns tipos de crustáceos.
Pero aquí non acababa todo, Ruth levounos a un lugar segredo: as cámaras frigoríficas onde se garda carne, peixe e froita.
Mesmo tivemos tempo de meternos nunha e sacarnos unha foto... Seica facía algo de frío.
Para entrar en calor, Ruth levounos ao Ganapán onde pintamos uns marcapáxinas.
Como despedida, convidáronnos a tostadas con paté de nécora: encantáronnos!
Moitas grazas pola visita!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario